Medio milleiro de actores participarán na representación da Reconquista de Vigo
A festa celébrase os días 6 e 7 de abril e haberá 250 postos de artesanía e comida repartidos por todo o Casco Vello
ler mais...
Festa da Reconquista 2013 de Vigo: O programa
A cidade volta a loitar cos francese durante a fin de semana do 6 e o 7 de abril
ler mais...
A Reconquista a golpe de agulla e dedal
Medio centenar de vigueses afánanse dende Xaneiro nos baixos do centro veciñal do Casco Vello para preparar os traxes e bandeiras que lucirán dentro dun mes ler mais...
Un total de 300 persoas participaron na representación da Reconquista de Vigo
Un total de 300 persoas participaron na representación da Reconquista de Vigo, que conmemora a victoria dos habitantes da población sobre as tropas francesas, e se celebrou o pasado domingo 28 nunha ubicación diferente á tradicional, xa que tasladouse da Praza da Constitución á Porta do Sol como escenario principal. ler mais...
A festa reconquista o Casco Vello
Este ano contamos cunha grande oferta de actividades infantis, degustacións, animación na rúa e demostracións artesanais. ler mais...
Miles de persoas disfrutaron da Reconquista no Casco Vello
Miles de persoas asistiron a representación teatral da Reconquista de Vigo, que tivo lugar as seis da tarde do sábado, por as distintas rúas do barrio histórico, onde Cachamuíña liderou de novo a milicia vuiguesa e concluiu una hora despois na Estación Marítima, obligando a embarcar ao comandante francés Chalot no peirao da A Laxe. ler mais...
A Reconquista promociónase con tintes de “Pulitzer”
Vigués de nacemento, e interiorista e diseñador de profesión, Xosé Manuel Pena, de 40 anos, gañou este ano o concurso do cartaz da Reconquista. A sua imaxe, inspirada nunha fotografía da II Guerra Mundial, promocionará a festa. ler mais...
A asociación Casco Vello abre o prazo para a inscrición na Festa da Reconquista
A asociación veciñal e cultural do Casco Vello abre dende hoxe o prazo para a inscrición dos interesados que desexen participar na Festa da Reconquista 2010. Poderán solicitalo ante a propia asociación, na rúa Oliva 12, en horario de mañá e tarde. O prazo de inscrición para a instalación de postos na citada festa acabará o vindeiro 19 de febreiro. ler mais...
O concurso de carteis da Festa da Reconquista está dotado con 800 euros de premio
Ata o vindeiro 11 de xaneiro está aberto o prazo de entrega dos traballos para participar no IV Concurso de carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo ler mais...
Entregados os premios aos colexios gañadores do concurso escolar do Bicentenario da Reconquista
O concelleiro de Cultura, Xesus López entregou no Museo Verbum os premios aos tres colexios finalistas do Concurso sobre o Bicentenario da Reconquista.
O primeiro premio correspondeu ao Colexio "Escuelas Nieto", sendo o segundo para o centro "Álvaro Cunqueiro". ler mais...
A mostra da Reconquista é a máis visitada de Castrelos, con preto de 5.000 persoas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, sinalou que a exposición "Reconquista: 1809-2009", aberta no Museo Municipal Quiñones de León dende o pasado 6 de marzo e pechada o 29 de marzo, recibiu un total de 4.842 visitantes. Segundo Santi Domínguez, a mostra é xa a exposición máis visitada de todas as programadas na historia do Museo de Castrelos.
ler mais...
O Casco Vello acolle a Festa da Reconquista
A Asociación Veciñal e Culural do Casco Vello organiza a Festa da Reconquista, que durante toda a fin de semana incluirá concertos, mercadillo e a recreación histórica do evento no seu Bicentenario.
Máis información, na web www.avcascovello.com ler mais...
Os Bolechas protagonizan a unidade didáctica da Reconquista dirixida a escolares de primaria
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou un libro e unha unidade didáctica centrados na Reconquista dirixidos a escolares do primeiro ciclo de primaria da cidade e que teñen como principal protagonista aos Bolechas. Na presentación da obra, na que tamén participou o seu creador, Pepe Carreiro, Santi Domínguez salientou que esta unidade se suma á realizada para o alumnado de secundaria e que xa foi repartida nos colexios vigueses. ler mais...
Castrelos acada un récord de público ao recibir xa preto de 3.000 visitantes a exposición da Reconquista
A exposición "Reconquista: 1809-2009", aberta no Pazo Museo Quiñones de León, o pasado día 6 de marzo, recibiu en doce días a 2.734 visitantes, deles, uns catrocentos son escolares en visitas programadas. A mostra convértese así, na exposición maís visitada, das celebradas en Castrelos, e récord absoluto de visitantes ao pazo museo, nese prazo de tempo. ler mais...
O I Congreso Internacional da Reconquista contou cos maiores expertos mundiais nas guerras napoleónicas
Durante dous días, O Centro Social Caixanova, acolleu ponencias que analizaron distintos aspectos da Reconquista de Vigo e do papel que xogou Galicia no contexto da Guerra da Independencia de España, hai dous séculos ler mais...
Os “embaixadores” do reino de Galicia na corte de Jorge III, tiveron gran importancia nas aportacións materiais británicas ás revoltas
Un estudo sobre a figura de Chalot, do profesor da Sorbone, Jean Rene Aymes, pechou o I Congreso Internacional sobre a Reconquista de Vigo ler mais...
Portugal aportou un milleiro de homes á Reconquista de Vigo
O Tte. Coronel Nuno Correia Barrento de Lemos Pires, do Exército de Portugal revelou que a aportación portuguesa á liberación de Galicia, foi unha manobra premeditada para atacar a retaguarda de Soult, que entrara en Porto ler mais...
O tenente de alcalde reividica o patrimonio que supuso para a cidade o levantamiento contra os franceses
Charles Napoleón abrió el congreso que se desenvolve no Centro Social Caixanova, reivindicado as ideas que impulsou o emperador hai douscentos anos, e que seguen a formar parte da nosa sociedade actual ler mais...
O pobo galego foi o protagonista da expulsión dos franceses na Guerra da Independencia, segundo Xosé Ramón Barreiro
O presidente da Real Academia Galega defendeu esta tarde no Congreso sobre a Reconquista de Vigo, que os galegos loitaron pola sua supervivencia nunha guerra na que participaron máis de 250.000 persoas ler mais...
Inaugurada en Castrelos a exposición
A exposición "Reconquista: 1809-2009" foi inaugurada o pasado venres, 6 de marzo, no Museo de Castrelos. A mostra estará aberta ata o 30 de marzo. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, tras percorrer a exposición convidou á cidadanía a visitala. Ao seu xuízo, "é un bo momento para coñecer máis da historia de Vigo". ler mais...
Un complexo dispositivo de montaxe
A instalación da mostra, que será inaugurada o venres, comezou o pasado xoves 26, coa chegada de pezas do Ministerio de Defensa ler mais...
O tenente de alcalde anuncia que a exposición Reconquista; 1809-2009 reunirá máis de 200 pezas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a exposición "Reconquista: 1809-2009", que se inaugurará o vindeiro 6 de marzo, será a de maiores dimensións das organizadas no Museo de Castrelos na súa historia. Na presentación do mostra anunciou que o número de pezas supera as 200 e que ocupará as dúas plantas do pazo Quiñones de León, ademais das salas do novo anexo.
ler mais...
Santi Domínguez presenta a unidade didáctica para os estudantes vigueses
Os alumnos vigueses de Educación Secundaria Obrigatoria van achegarse á Reconquista a través dunha unidade didáctica, que recolle a historia deste acontecemento do que se cumprirán dous séculos o vindeiro 28 de marzo. O tenente de alcalde, Santi Domínguez, pesentou hoxe a unidad co que "queremos que os rapaces e rapaces traballen na aula e se acheguen a un dos grandes acontecementos históricos da nosa cidade".
ler mais...
O Casco Vello recorda a rendición de Vigo ante as tropas de Napoleón
A primeira representación da Reconquista foi un éxito. A Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello abriu os actos do Bicentenario, cunha recreación desde a rúa do Príncipe ata a praza da Constitución, na que participaron miles de vigueses e que rematou cun concerto dun grupo bretón.
ler mais...
Os actos da Reconquista comezan coa recreación da entrada dos franceses o sábado 31
Os actos de celebración do Bicentenario da Reconquista comenzarán este sábado coa representación da toma da vila de Vigo polas tropas francesas, segundo anunciaron o tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o presidente de Asociación de Veciños do Casco Vello, Henrique Macías. Santi Domínguez explicou que a recreación da entrada dos franceses é unha das novidades que inclúe o programa do Bicentenario e salientou que o que se pretende é dar a coñecer unha parte da historia da cidade. ler mais...
A Asociación Veciñal Casco Vello abre o prazo de inscrición no mercadiño tradicional
A partires do día 19 de xaneiro de 2009, queda aberto o prazo de inscrición de postos para todos aqueles que queran participar no mercadiño tradicional que, con motivo da celebración da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2009, terá lugar os vindeiros días 28 e 29 de marzo. ler mais...
Os maiores expertos europeos estarán en Vigo
O tenente de alcalde, Santi Domínguez anunciou que o congreso que terá lugar sobre a Reconquista os días 12 e 13 de marzo no Centro Social Caixanova contará coa presenza dos maiores expertos europeos. Ademais, Santi Domínguez confirmou que a web www.reconquistadevigo.com está xa plenamente operativa en catro idiomas, galego, castelán, inglés e francés. ler mais...
A celebración do Bicentenario da Reconquista iniciarase en xaneiro
A celebración da Reconquista do 2009 comezará xa no mes de xaneiro coa posta en marcha da web www.reconquistadevigo.com, e a apertura da exposición "Reconquista 1809-2009" no Museo de Castrelos no mes de Marzo, segundo adiantou este mércores o tenente de alcalde, o Santi Domínguez. O programa conta cun amplo abano de actividades nas que se inclúen un simposio internacional con especialistas de recoñecido prestixio, teatro na rúa polos diversos barrios da cidade, un trofeo de traiñeras e dúas unidades didácticas dirixidas a escolares. ler mais...
Éxito da Recreación Histórica en As Avenidas
A recreación histórica dos Royal Green Jackets e outras asociacións napoleónicas foi un éxito nas Avenidas, onde se reuniron miles de personas para presenciar unha actuación espectacular. ler mais...
Expertos internacionais confirman a súa presenza
Investigadores das máis prestixiosas universidades europeas farán de Vigo en marzo a capital dos estudios napoleónicos.
Vigo será durante o próximo mes de marzo a capital mundial dos estudios napoleónicos, coa presenza na cidade das máis importantes figuras internacionais na investigación desta época histórica. ler mais...
Un descendente de Napoleón visitará Vigo
Charles Bonaparte é o presidente da Federación Europea
das Cidades Napoleónicas.
O príncipe Charles Napoleón Bonaparte, descendente do emperador de Francia, participará en Vigo no Congreso sobre a Reconquista que se celebrará o días 12 e 13 de marzo no Centro Social Caixanova, dentro da programación organizada pola Tenencia de Alcaldía de Vigo. ler mais...
Os libros de defuntos relatan o drama da Reconquista
O Bispado cederá para a exposición do bicentenario os libros históricos de defuntos da parroquia de Lavadores e da Colexiata.
O Bispado de Tui-Vigo cederá libros históricos de defuntos para a exposición "Reconquista: 1809-2009", que se celebrará no Museo de Castrelos do 6 ao 31 de marzo de 2009. ler mais...






