A Reconquista a golpe de agulla e dedal

Medio centenar de vigueses afánanse dende Xaneiro nos baixos do centro veciñal do Casco Vello para preparar os traxes e bandeiras que lucirán dentro dun mes


Tras 70 anos sen coller a agulla e o dedal, o amor por a Reconquista levou a Sara Pereira, de 94 anos, a retomar a costura para coser “unha saia, un mandil, unhas enaguas y uns pololos” cos que poder vestirse de “campesiña” durante a festa que se celebrará xusto dentro dun mes. Como ela, medio centenar de veciños afánanse dende finais de Xaneiro no local do centro veciñal do Casco Vello, na Rúa Oliva, para preparar os traxes e bandeiras coas que Vigo retornará durante un día á convulsa España del século XIX, cando as tropas napoleónicas campaban as súas anchas en Galicia.
“Nos empezamos a traballar o 28 de xaneiro e seguiremos facéndoo ata o derradeiro día”, explica Patricia González, profesora do taller de costura no que, dende 2003, unha vintena de mulleres divididas en dúas quendas aplícanse nos seus vestidos as tardes dos venres. O obxectivo é “coser un traxe por persoa, aínda que sempre hai xente que fai máis e outra que fai menos”, apunta Patricia. O único requisito para participar é ter “nocións de cómo se cose” e ganas de crear. Que a experiencia engancha o demostran moitas das alumnas de Patricia ao recoñecer que repetirán en 2012 para ampliar o seu armario o completar o vestiario.
Para que todo saia perfecto, Patricia inspirase en “gravados de época e pezas antigas” que toma como modelos. O algodón, o pano e o lino co que se elaboran máis tarde os modelos achegano as alumnas que, nalgunha ocasión, incluso se animan a traer “pezas antigas da casa”. Carmen Carido, por exemplo, explica que empelou una colcha a que xa non lle daba uso para confeccionarse unha chaquetiña. “A experiencia é moi boa e recoméndoa a todo o mundo”–apunta Carmen– “agora estou cunha saia e para o ano quero repetir e coserme unhas enaguas e un chaleco”. Tamén Sara, que va polo seu terceiro ano, pensa xa no “traxe de campesiña” que vestirá o 27 de marzo. O seu lado Jennifer Prado, a máis moza do grupo, con 24 anos, recoñece que “de non saber apenas coser” pasou en cuestión de semanas a confeccionarse os seus propios pololos.

Estandartes e bandeiras

Se engalanan os vigueses e se engalanan as súas rúas. O centro veciñal do Casco Vello sirve tamén os venres de taller de confección a unha trintena de persoas que pintan estandartes e bandeiras. Miguel Vázquez –Capitán Cachamuíña o día da Reconquista– apunta que “a metade das bandeiras que usamos este ano as estamos a facer novas agora”. Para elo pintan “a man con pintura plástica” as lonetas que máis tarde colgarán das rúas, balcóns e farols do Casco Vello.
A idade dos voluntarios, coma no caso do taller de costura, abarca dende os 10 anos do mais mozo aos 70 do veterano. O único importante, aclara José Luis Lorenzo –Frai André o vindeiro 27 de marzo– son as “gañas” de colaborar e estar disposto a pasar un bo rato os venres, de seis a oito da tarde.


Ver listado