O concurso de carteis da Festa da Reconquista está dotado con 800 euros de premio

Ata o vindeiro 11 de xaneiro está aberto o prazo de entrega dos traballos para participar no IV Concurso de carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo


Ata o vindeiro 11 de xaneiro está aberto o prazo de entrega dos traballos para participar no IV Concurso de carteis Festa da Reconquista da Vila de Vigo. O cartel gañador está dotado cun premio de oitocentos euros, mentres que os dous accésit elixidos pólo xurado obterán un premio de 350 euros. Os carteis deberán presentarse no local da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello, situado na rúa Oliva 12, en horario de 18 a 20 horas. As bases do concurso están á disposición dos interesados na páxina web www.avcascovello.com

O cartel gañador será empregado para anunciar as festas de este ano, que se desenrolarán os días 26, 27 e 28 de marzo. Este ano, o dia da Reconquista coincide en domingo, pólo que non será necesario alterar as datas da representación histórica que realizan dende hai anos os veciños do casco vello de Vigo


Ver listado