Entregados os premios aos colexios gañadores do concurso escolar do Bicentenario da Reconquista

O concelleiro de Cultura, Xesus López entregou no Museo Verbum os premios aos tres colexios finalistas do Concurso sobre o Bicentenario da Reconquista.
O primeiro premio correspondeu ao Colexio "Escuelas Nieto", sendo o segundo para o centro "Álvaro Cunqueiro".


Dende a Concellería de Cultura salientouse o alto nivel dos traballos presentados polos centros educativos da ciudade de Vigo.
O Concurso tiña coma temática o Bicentenario da Reconquista de Vigo, na que os centros tiveron coma fewrramenta de traballo a unidade didáctica que Cultura distribuiu entre os mais de 10.000 alumnos de secundaria que ten a ciudade.
O premio estaba deseñado para a participación por aulas, de xeito que entre todos os rapaces e rapazas, dirixidos polo seu profesor, fixeran un mural no que expresasen a súa idea sobre a Reconquista. Fotografías dos escenarios do evento, deseños que recreen a batalla final, cronoloxías... valorándose tamén a creatividade dos estudiantes.
Os premiados poderán disfrutar dunha viaxe a Francia e e outra a Portugal, ámbolos dous paises especialmente implicados nos feitos que ocorreron fai agora 200 anos.


Ver listado