A Asociación Veciñal e Culural do Casco Vello organiza a Festa da Reconquista, que durante toda a fin de semana incluirá concertos, mercadillo e a recreación histórica do evento no seu Bicentenario.
Máis información, na web www.avcascovello.com
Os actos para o sábado, 28 de marzo, comezan ás 11.00 horas, coa apertura do tradicional mercadillo, e seguirán con demostracións de diversos oficios. Tamén haberá actividades para os nenos, a partires das 12.00 horas, no Casco Vello e na explanada do Náutico.
Ás 17.00, se presentará na praza da Constitución a festa e os seus personaxes e, ás 18.00 horas, comezará a representación que rematará na praza do Náutico.
Ás 20.30 horas, actuarán na praza do Berbés as Cantadeiras do Berbés, no seu concerto de despedida.
O domingo 29 continuará o mercadillo artesán, xunto as demostracións dos artesáns. Pola noite, ás 20.30 horas, actuará o grupo Tiruleque na praza do Berbés.
Toda a información sobre a festa, organizada pola Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello, está presente neste enlace:
http://www.avcascovello.com/
Ver listado






