Un descendente de Napoleón visitará Vigo

Charles Bonaparte é o presidente da Federación Europea
das Cidades Napoleónicas.

O príncipe Charles Napoleón Bonaparte, descendente do emperador de Francia, participará en Vigo no Congreso sobre a Reconquista que se celebrará o días 12 e 13 de marzo no Centro Social Caixanova, dentro da programación organizada pola Tenencia de Alcaldía de Vigo.


Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade da Sorbona, Charles Napoleón naceu en París en 1950 e está considerado o herdeiro máis directo da dinastía bonapartista. Este "sobriño-tataraneto" do Corso fixo tamén carreira política, aínda que menos ambiciosa que a do seu antepasado. Foi concelleiro do municipio de Ajaccio, en Córcega, e concorreu ás últimas eleccións lexislativas en Francia.

Actualmente, Charles Napoleón preside a Federación Europea das Cidades Napoleónicas, unha rede que tenta unir a diversas urbes que tiveron relación coa figura do emperador francés.


Ver listado