Os “embaixadores” do reino de Galicia na corte de Jorge III, tiveron gran importancia nas aportacións materiais británicas ás revoltas

Un estudo sobre a figura de Chalot, do profesor da Sorbone, Jean Rene Aymes, pechou o I Congreso Internacional sobre a Reconquista de Vigo


A profesora da Universidade de Oviedo Alicia Laspra ofreceu, na segunda xornada do I Congreso Internacional sobre a Reconquista de Vigo, informes e documentos da época, onde queda patente o importante traballo realizado polos emisarios do reino de Galicia, diante da corte do rei Jorge III para recabar apoios económicos e materiais dos británicos para abastecer aos galegos que loitaban contra da invasión napoleónica.

A profesora Laspra sinalou que o goberno de Londres aceptou a estes emisarios como embaixadores xa que en España non había unha xunta central. O feito de presentarse en Londres como emisarios da Xunta de Goberno do Reino de Galicia, na loita contra a invasión francesa, aínda que en calidade de xuntas dispersas por culpa da situación, fai que Londres conceda o estatus de embaixadores a estes emisarios.

Laspra mostrou documentos das primeiras xestións dos emisarios galegos, Francisco Sangro e Joaquín Freire, entre outros, que solicitaban ao rei británico dous millons de pesos “duros” (de prata), además de pedir a liberación dos prisioneiros galegos en cárceres e barcos prisión británicos.

Ainda que os britanicos liberan aos prisioneiros, tardaron en facer aportacions ecónomicas. Sen embargo, sí fixeron aportacions materiais que foron en aumento, así como as solicitudes dos representantes galegos.

Así, hai constancia de peticións tan sorprendente como pedirlles unha partida de queixo, ainda que tamén roupa, víveres, armas, canóns, obuses e pólvora. Nun momento determinado, pídenlle a aportación de 12.000 soldados británicos para combatir en Galicia.

Ademais, desvelou que Gran Bretaña tivo unha representación case permanente en A Coruña para poder enviar información a Gran Bretaña sobre la situación e os avances de la reconquista, papel que recaeu en Charles Stuart e posteriormente en White.

De xeito anecdótico, afirmou que na Guerra da Independencia en Galicia se ten constancia dun dos primerios corresponsais de guerra que enviado dende Gran Bretaña, remite noticias desde A Coruña para o xornal “The Times”.

A ponente tamén sinalou que a guerra non rematou coa partida das tropas francesas de Galicia en 1809, senón que mantivo a súa importancia polo caudal de información e provisións que seguiron a pasar por Galicia, cara a outras zonas de España.

Alicia Laspra, considerada unha eminencia internacional no estudo dos arquivo británicos, na época da Guerra da Independencia, sinalou, na súa intervención, que dos 600 documentos que posúe o War Office, Galicia aparece nomeada de forma relevante en 114.

Na parte final da súa intervención, a proferosa Alicia Laspra animou aos investigadores galegos a estudiar a gran cantidade de documentos que obran nas bibliotecas do War Office e Foreign Office de Londres sobre as xestións dos enviados do reino de Galicia á corte británica na guerra de independencia “que podería ser objecto de varias teses doctorais ou dalgún programa de I+D”, rematou.

Na sesión de tarde, que pechou o Congreso Internacional sobre a Reconquista, interviu, ademais, Michael Broers, da Universidade de Oxford, quen falou da contrainsurxencia en Galicia e das estratexias das tropas napoleónicas para aplastar todo foco de rebelión, unhas medidas que fracasaron no caso da revolta galega.

Para rematar, Jean René Aymes, da Universidade da Sorbona, en Francia, achegou unha investigación realizada especialmente para este congreso sobre a figura de Chalot, o gobernador francés durante a ocupación de Vigo.

O Congreso Internacional sobre a Reconquista de Vigo, que organizan a Concellería de Cultura e a Tenencia de Alcaldía, reuniu na cidade aos principais historiadores europeos, expertos na época napoleónica que aportaron a súa visión sobre os feitos acontecidos en Vigo hai douscentos anos, abrindo novas perspectivas sobre a historia da cidade.


Ver listado