Charles Napoleón abrió el congreso que se desenvolve no Centro Social Caixanova, reivindicado as ideas que impulsou o emperador hai douscentos anos, e que seguen a formar parte da nosa sociedade actual
“Os Vigueses e viguesas conservamos aínda o epíritu loitador daqueles homes e mulleres que liberaron a cidade nos albores do século XIX”. O tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, reivindicou na inauguración do “I Simposium sobre a Reconquista de Vigo” a importancia da Reconquista é a necesidade de por en valor “un feito histórico que resultou decisivo no que hoxe somos como cidade”.
O Tenente de alcalde, destacou a importancia de analizar nun congreso con expertos mundiais al importancia e trascendencia dos feitos acaecidos hai docucentso anos, para interepretar o que “supuxo para a historia de Europa, tanto a nicvel político socai le económic”.
Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, afirmou que a Reconquista “foi unha xesta de valor e autoestima” dos vigueses da época e reivindicou que “o caracter emprendedor que liderou aquel puñado de vigueses, sigue a ser parte da nosa cidade”.
Na primersa conferencia do congreso, Charles Napoleón, descendento do emperador francés, destacou que a importancia de España nos plans de expansión de Napoleón queda de manifesto no nomeamento do seu irmá como primeiro consul. Napoleón suliñou que o declive dos exercitos napoleónicos comezou na guerra de España.
Charles Napoleon reivindicuo a figura do seu antepasado porque, dixo “ao final venceu porque as suas ideas permaneceron implantadas nos países polos que pasou”.
Charles Napoleón recordou que “as relación entre as xentes; as bases da laicidade; a liberdade de conciencia; a separación entre estado e igrexa, e o feito de rematar unha Europa de servos e señores en favor dunha de cidadans, seguen a ser, na actualidade, ideas básicas da nosa sociedade”.
Na tarde, nesta primeira xornada, abordaránse cuestións como “O pobo na guerra da independencia galega”, a cargo de Xosé Ramón Barreiro, presidente de la Real Academia Galega; “As guerras Napoleónicas como un choque dos Imperios” de Mike Rapport, Profesor de Historia University of Stirling e “Dende Vigo a Castro Urdiales: a participación británica na guerrilla do norte de España” que desenvolverá D. Charles Esdaile, profesor de Historia da University of Liverpool.
O Simposio Internacional da Reconquista celebrase no Centro Social Caixanova hoxe e maña, e contará con expertos de universidades como a de Sorbona, de París, ou as de Oxford, Stirling e Liverpool, do Reino Unido. A entrada as xornadas e libre.
Ver listado






