O presidente da Real Academia Galega defendeu esta tarde no Congreso sobre a Reconquista de Vigo, que os galegos loitaron pola sua supervivencia nunha guerra na que participaron máis de 250.000 persoas
O presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, afirmou no primerio congreso sobre a Reconquista que “o pobo galego foi o verdadeiro protagonista na expulsión dos franceses de Galicia”. Barreiro destacou que mentras noutros lugares de España se fala das guerrillas, en Galicia case que 250.000 persoas participaron dun xeito organizado na reconquista”. Barreiro destacuo tamén que os verdadeiro protagonistas foron os paisanos porque non había un exército regular, aniquilado en Medina de Rioseco:“foron os paisanos; os pescadores, os labregos e cregos os que se levantaron fronte as tropas napoleónicas”.
Na sua ponencia, titulada “O pobo na Guerra da Independencia Galega” o presidente da Academia Galega suliñou que en Galicia estaba organizada un sistema de “alarmas” que se posicionaban en lugares estratéxicos para, mediante fume ou fogo, avisar o resto das demarcacions de Galicia das situación sucesivas. Mediante este sistema, afirmou, en pouco tempo se reunían entre catrocentas e mil pesoas para pasar a ofensiva. “En Galicia había 261 alarmas dispostas o longo da costa en na raia portuguesa que movilizaba a maís de 200.000 persoas e que contaba con 17.000 oficiales, case sempre elegidos polo propio pobo”
Para Barreiro, “o prezo da victoria foi moi alto en vidas”. Están constatadas 2.146 mortes, dos cales o 96% eran paisanos, 250 mulleres o só 8 militares”.
Por último, o presidente da Academia Galega, fixo fincapé no feito de que a revolución dos galegos fronte as tropas francesas, formadas maioritariamente por tropas mercenarias, “non foi por causas políticas senon por cousas elementales como a defensa da sua terra, da familia, a da sua casa”
A Royal Navy na Reconquista
Por su parte, Charles Esdaile, Profesor de Historia. University of Liverpool analizou na sua ponencia “Dende Vigo a Castro Urdiales: a participación británica na guerrilla do norte de España” o papel da Royal Navy en apoio dos insurxentes contra as tropas francesas. Esdaile relatou que unha vez organizada a División do Miño, as forzas improvisadas habían avanzado ata Vigo, bloqueando a cidade, “pero sen poder asaltala pola falta de artillería”. A chegada de dous navios británico foron de gran axuda para asaltar Vigo e propiciar a rendición de Chalot.
Esdaile resumiu as funcions da Royal Navy nos días da Reconquista como una forza que patrullaba pola costa galega suministrando polvora e armas, envalentonando as forzas rebeldes e asesorando aos mandos militares.
Tamén participou na xornada de tarde Mike Rapport, profesor de historia da University of Stirling quen faluo sobre as guerras napoleónicas como exemplo do choque dos grandes imperios da época.
O Simposio Internacional da Reconquista celebrase no Centro Social Caixanova hoxe e maña, e conta con expertos de universidades como a de Sorbona, de París, ou as de Oxford, Stirling e Liverpool, do Reino Unido. A entrada as xornadas e libre.
Ver listado






