Os libros de defuntos relatan o drama da Reconquista

O Bispado cederá para a exposición do bicentenario os libros históricos de defuntos da parroquia de Lavadores e da Colexiata.

O Bispado de Tui-Vigo cederá libros históricos de defuntos para a exposición "Reconquista: 1809-2009", que se celebrará no Museo de Castrelos do 6 ao 31 de marzo de 2009.


Estes libros inclúen extensas relacións dos mortos durante as datas da Reconquista, explicando as circunstancias en que foron víctimas das tropas de ocupación francesas.

Trátase dun material inédito que se fai público por primeira vez. Un equipo de documentalistas ten investigado en todos os libros de defuntos da bisbarra, nos meses de marzo e abril de 1809, os que ocasionaron maior número de víctimas. Ademais, dous libros estarán físicamente na exposición: Os de Santa Cristina de Lavadores e o da Colexiata de Santa María

Elixíronse estes dous libros porque representan o núcleo urbán de Vigo (Colexiata) e as parroquias da bisbarra (Lavadores).

En Lavadores estivo o cuartel xeneral dos vigueses, nos días previos á batalla da Reconquista. O abade de Valadares, xunto co alcalde do Fragoso, os primeiros líderes da sublevación, trasladaron a Lavadores o seu cuartel xeneral desde Zamáns, onde estaba a comezos do mes de marzo, para ver de estreitar o cerco sobre a praza de Vigo e poñerlle as cousas máis complicadas aos ocupantes franceses.

Para a exhibición destes históricos libros construiranse unhas vitrinas especiais, acondicionadas en luz, temperatura e humidade para a máxima protección dos exemplares, pois o papel esixe unha conservación absoluta.

Ademais, se exporán reproduccións dos contidos doutros libros, nos que se contan as mortes máis significativas. Calcúlase que na batalla final da Reconquista morreron uns trinta vigueses e uns cen franceses.

Algúns dos mortos que aparecen nos libros non caeron na propia batalla da Reconquista, senón que foron víctimas da brigada comandada por Chapuzet, enviada por Lamartiniere desde Tui, como reforzo para as tropas acantonadas en Vigo e dirixidas por Chalot.


Ver listado