Quen é Quen

Juan Bautista Almeida

O heroe portugués

O capitán portugués Almeida converteríase nun dos heroes da Reconquista de Vigo, despois de que fose convencido por Joaquín Tenreiro Montenegro para que se unise á sublevación no sur de Galicia, xunto cos seus homes. Participou no sitio e na primeira negociación con Chalot, sendo relevado por Morill...   ler mais...

Juan Rosendo Arias Enríquez

O abade de Valadares

Nacido en Bande en 1757, Juan Rosendo Arias Enríquez pasaría á historia como líder guerrilleiro contra os franceses na Reconquista de Vigo. Abade de Valadares durante máis de trinta anos, organizou a revolta viguesa xunto ao alcalde do Fragoso, Cayetano Parada y Pérez de Limia. No seu cuartel xeral,...   ler mais...

Francisco Colombo y Geraes

Heroe de Vigo e Sampaio

De familia militar, era natural de Peñíscola. En 1788, ingresou no exército e foi facendo carreira ata chegar o grao de tenente en 1794. En 1800 foi ascendido ao grao de capitán de granadeiros, que exerceu no exército de Navarra.
Colombo é trasladado logo a Galicia, onde participa na defensa de Fer...   ler mais...

Juan Antonio Gago

O corsario de Marín

A súa actividade corsaria durante a guerra contra Inglaterra facilitou a Juan Antonio Gago a experiencia militar que habería de lle servir na Guerra de Independencia. Natural de Marín, participou en diversas accións en Pontevedra e O Morrazo. Tivo un importante papel na Reconquista de Vigo, levando ...   ler mais...

Bernardo González del Valle

O heroe da Gamboa

Bernardo González del Valle pasará á historia polo seu sobrenome, que corresponde ao da aldea ourensá onde naceu, o 23 de marzo de 1771. O seu pai, Ignacio González, xa seguira a carreira militar, como capitán do Rexemento de Ourense.
O 1791, atopamos xa a "Cachamuíña" como subtenente das Milicias...   ler mais...

Tomás Martínez

O frade artilleiro

Natural de Matamá, tiña 51 anos cando se viviu a Reconquista. Era o gardián do convento de Santa Marta durante a ocupación e as súas crónicas dos abusos dos franceses son unha fonte documental de primeira magnitude. A súa gran achega foi a fabricación de cartuchos para os combatentes. Ademais, organ...   ler mais...

Pablo Morillo

A intelixencia militar

Nado Fuentesecas (Salamanca), o 5 de maio de 1778, alistouse na Armada con só 13 anos e foi destinado a Ferrol. Aínda adolescente, distinguiuse en accións como o desembarco de Sardeña ou no sitio de Tolón. Froito destes temperáns servizos, foi ascendido ao grao de sarxento, gradación coa que partici...   ler mais...

Cayetano Pérez de Limia

O alcalde de Fragoso

Nacido a mediados do século XVIII en Ourense, era alcalde do val do Fragoso cando os franceses ocupan a provincia de Tui. Foi un dos caudillos da Reconquista de Vigo, levantando ao pobo en armas contra os invasores, e actuando como auténtica man dereita do abade de Valadares. Foi o auténtico gran fo...   ler mais...

Joaquín Tenreiro Montenegro

O maiorazgo en armas

Nacido en Requena (Valencia), en 1856, era maiorazgo en varios partidos de Galicia, dos que obtiña rendas. Cando os franceses entran en Galicia, sublévase e inicia unha rebelión que o leva a regresar a este reino (vivía en Madrid), rexeitando unha praza como deputado en Bayona (Francia). Tras divers...   ler mais...

Mauricio Troncoso

O abade de Couto

En febreiro de 1809, eríxese no principal caudillo da sublevación contra os franceses, enfrontándose ao mesmísimo mariscal Soult na ponte de Mourentán. Foi sumando apoios entre os paisanos e montou un pequeno exército co que organizou o cerco da cidade de Tui. Chegaría a reunir máis de oito mil home...   ler mais...

Francisco Javier Vázquez Varela

O alcalde de Vigo

Pouco antes de que os franceses entren na vila de Vigo, Francisco Javier Vázquez Varela é nomeado alcalde e xuíz, dentro da operación para destituír á anterior corporación, da que se sospeitaba do seu afrancesamento. Mantivo o cargo durante a ocupación francesa, baixo o gobernador Chalot, a quen som...   ler mais...

Andrés Villageliú

De franciscano a heroe

Cando os franceses entran en Galicia, Andrés Villageliú era Predicador Primeiro do convento de San Francisco. Foxe do cenobio días antes da toma de Vigo e, tras intentar unirse ás tropas do Marqués de la Romana, contacta co abade de Valadares, que o nomea o seu axudante. Durante a ocupación, protago...   ler mais...