Joaquín Tenreiro Montenegro

O maiorazgo en armas


Nacido en Requena (Valencia), en 1856, era maiorazgo en varios partidos de Galicia, dos que obtiña rendas. Cando os franceses entran en Galicia, sublévase e inicia unha rebelión que o leva a regresar a este reino (vivía en Madrid), rexeitando unha praza como deputado en Bayona (Francia). Tras diversas vicisitudes, incorpórase ao cerco da vila de Vigo, onde se erixe en protagonista, intimando a rendición do gobernador Chalot. Con todo, coa chegada de Pablo Morillo ao cerco, o seu papel pasa a segundo plano. Gañou múltiples inimizades polas súas repetidas conspiracións para alcanzar o xeneralato para el e para o seu protexido, o capitán Almeida. Máis tarde, participou tamén no cerco de Tui. Tras a Reconquista, logrou o título de Conde de Vigo e o grao militar de coronel, por mor dos seus méritos, pero tamén polas súas relacións familiares con membros da Suprema Rexencia.


Ver listado