Cayetano Pérez de Limia

O alcalde de Fragoso


Nacido a mediados do século XVIII en Ourense, era alcalde do val do Fragoso cando os franceses ocupan a provincia de Tui. Foi un dos caudillos da Reconquista de Vigo, levantando ao pobo en armas contra os invasores, e actuando como auténtica man dereita do abade de Valadares. Foi o auténtico gran fornecedor da Reconquista, pois do seu propio patrimonio pagou o mantemento das tropas galegas durante o cerco. Recibiu o escudo de honra que concedeu a Xunta Suprema. Morreu en Alcabre en 1823.


Ver listado