Heroe de Vigo e Sampaio
De familia militar, era natural de Peñíscola. En 1788, ingresou no exército e foi facendo carreira ata chegar o grao de tenente en 1794. En 1800 foi ascendido ao grao de capitán de granadeiros, que exerceu no exército de Navarra.
Colombo é trasladado logo a Galicia, onde participa na defensa de Ferrol fronte aos ingleses, tras o que se incorpora ao exército galego que invade Portugal na Guerra das Laranxas.
Casado en Vigo, coñecía á perfección a xeografía galega, razón pola que o Marqués da Romana o comisionou para que alarmase aos paisanos e formase forzas de partisanos que loitasen contra os franceses, en 1809. Participou na Reconquista de Vigo, e foi nomeado gobernador desta praza, aínda que o cargo só o mantivo tres días, para ser substituído por Cachamuíña.
Estivo na batalla de Ponte Sampaio e comandou o rexemento da Victoria, para integrarse logo no Batallón de Lobera. Posteriormente, seguiu destacándose na Guerra de Independencia, en accións como a de Badaxoz, Medina del Campo ou Alba de Tormes.
Estivo no Rexemento de Lobera ata 1811, tras o que pasa ao de Mallorca e ao chamado "Fernando VII".
Retirado en Vigo, onde estaba a súa familia, morreu o 25 de xaneiro de 1825. A súa viúva recibiu unha pensión de Montepío de 6.600 reais de vellón, pero pasou moito tempo sen cobrala, logo de presentar múltiples reclamacións. Así paga a cotío o Estado aos que máis loitan por defendelo
Ver listado






