Francisco Javier Vázquez Varela
O alcalde de Vigo
Pouco antes de que os franceses entren na vila de Vigo, Francisco Javier Vázquez Varela é nomeado alcalde e xuíz, dentro da operación para destituír á anterior corporación, da que se sospeitaba do seu afrancesamento. Mantivo o cargo durante a ocupación francesa, baixo o gobernador Chalot, a quen someteu a unha guerra de desgaste con todo tipo de queixas, ao tempo que organizaba a resistencia e enviaba socorros aos paisanos que formaban o cerco. Foi galardoado co escudo de honra tras a Reconquista e é o autor dunha das memorias máis completas sobre este acontecemento histórico
Ver listado






