Mauricio Troncoso

O abade de Couto


En febreiro de 1809, eríxese no principal caudillo da sublevación contra os franceses, enfrontándose ao mesmísimo mariscal Soult na ponte de Mourentán. Foi sumando apoios entre os paisanos e montou un pequeno exército co que organizou o cerco da cidade de Tui. Chegaría a reunir máis de oito mil homes ao redor da cidade episcopal, aínda que finalmente o cerco non tería éxito. As súas tropas participaron posteriormente na batalla de Ponte Sampaio, que se saldou cunha gran victoria galega. A Xunta Suprema concedeulle a Cruz de Carlos III e unha canonxía en Santiago. Morreu o 31 de maio de 1817


Ver listado