Juan Bautista Almeida

O heroe portugués


O capitán portugués Almeida converteríase nun dos heroes da Reconquista de Vigo, despois de que fose convencido por Joaquín Tenreiro Montenegro para que se unise á sublevación no sur de Galicia, xunto cos seus homes. Participou no sitio e na primeira negociación con Chalot, sendo relevado por Morillo. Posteriormente, no cerco de Tui, foi reprobado por moitos xefes de partida, molestos pola actitude de Tenreiro, que pretendía erixilo en comandante do asedio. Recibiu o recoñecemento da Xunta Suprema pola súa achega á Reconquista, pero só logo de varias reclamacións.


Ver listado