Alicia Laspra

Profesora Titular de Filoloxía Inglesa na Universidade de Oviedo, Alicia Laspra é unha experta no aspecto internacional da Guerra da Independencia. Ten publicado numerosos libros sobre as relacións dos sublevados con Inglaterra, e o decisivo apoio inglés á loita contra a invasión francesa.

Laspra falará no Congreso sobre a axuda material inglesa en Galicia, un aspecto fundamental para Vigo, que contou durante a Reconquista co apoio das fragatas británicas “Lively” e “Venus”.

Volver