Presidente da Real Academia Galega.
Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O campesino galego no século XIX: economía e sociedade e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia. Desde o 20 de decembro de 2001 é o presidente da Real Academia Galega.
Os seus traballos de investigación céntranse sobre todo na historia contemporánea de Galiza e están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego.
Xosé Ramón Barreiro Fernández






