Concurso

III CONCURSO CARTAZ DO BICENTENARIO DA RECONQUISTA DA VILA DE VIGO


O obxetivo deste concurso é seleccionar un cartaz para empregar na divulgación e
difusión do programa do Bicentenario da Reconquista da Vila de Vigo 2009, que organiza a
Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo en colaboración con Tenencia de Alcaldia.
Neste concurso poden participar todas as persoas físicas ou xurídicas, e poderán presentar
cada unha delas cantas obras desexen, coa condición de que sexan inéditas.

Os orixinais realizaranse verticalmente, en papel de 33 x 47 cm, e presenteranse protexidos
e montados sobre soporte ríxido e desmontable, que permita a súa perfecta exposición. A técnica
utilizable será libre dentro dos límites usuais para permitir unha normal reprodución fotomecánica.
No caso de remitirse facturados, a A.V.C. Casco Vello non responderá de posibles danos,
nin estravíos como tampouco da súa devolución.

A A.V.C. Casco Vello non responderá dos posibles danos que poidan sufrir os cartaces
como consecuencia do seu transporte, manipulación, montaxe e desmontaxe, en caso de realizarse
algunha exposición destes. Por este motivo recoméndase que os cartaces se presenten en soporte
de cartón, cartón-pluma ou similar, evitando o emprego de cristal, metacrilato, enmarcado, etc.
Os orixinais deberán incluir necesariamente os seguintes textos:

Bicentenario da Reconquista da Vila de Vigo 2009
Logotipo da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello
Logotipo de Tenencia de Alcaldía

A A.V.C. Casco Vello corrixirá os posibles erros dos textos que figuren nas obras, así como
calquera modificación de datas ou doutro tipo que poideran xurdir.Tamen resérvase a facultade de
modificar ou sustituir o logotipo que apareza no orixinal, así como de variar a súa localización na
composición definitiva do cartaz que se edite.

Os cartaces presentaranse no local da A.V.C. Casco Vello, rúa Oliva número 12 baixo en
horario de 18:00 a 20:30 horas;
o prazo de presentación será do 03 de decembro do
presente ano ao 09 de xaneiro de 2009
. Non serán admitidos os cartaces que se reciban con
posterioridade á data e hora indicadas, calquera que sexa a causa do atraso.

Estas bases publicitaranse a través dos medios de comunicación local e provincial,
estarán a disposición dos/as interesados/as no propio local da Asociación así como nas
páxinas web: www.avcascovello.com e www.reconquistadevigo.com

Cando os traballos se presenten personalmente, facilitarase un recibo que se cambiará no
seu día polo traballo presentado. Os que se reciban facturados seranlle devoltos o seu autor/a, se
así o solicitan, unha vez verificado o concurso.

Transcorrido o prazo de 29 días naturais, contados dende a data de adxudicación do
concurso, sen que os/as autores/as dos traballos non premiados os recollesen, entenderase que
renuncian a estes, e a Asociación poderá dispoñer libremente deles, sen recoñecer dereitos de
reclamación ou indemnización de ningunha clase. Os gastos de envio e devolución serán por conta
dos/as concursantes.

Os cartaces serán presentados sen sinatura do autor/a e baixo un lema, que estará escrito
no dorso do cartel, acompañados dun sobre pechado que porá no seu exterior o mesmo lema. No
interior do sobre depositarase unha nota escrita a máquina co nome e apelidos do autor/a,
enderezo, número de teléfono e NIF ou CIF correspondente.

Establécese un premio de 1.000 € para o cartaz gañador, e dous accesit de 500 €.
Estes premios poderán ser declarado desertos polo xurado do concurso, de estimar que ningún
dos traballos presentados resulta adecuado para ser ó cartaz anunciador do Bicentenario da
Reconquista da Vila de Vigo 2009, a A.V.C. Casco Vello resolverá polos seus propios medios a
edición do mencionado cartaz.

A obra gañadora quedará en propiedade da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello polo
que o/a autor/a cederá exclusiva e irrevogablemente o dereito de impresión ou reprodución, total ou
parcialmente en calquera modalidade, tamaño ou soporte así como a utilización da obra para a súa
promoción publicitaria, polo que poderá realizar as correspondentes modificacións ou
transformacións para a súa adaptación aos soportes, técnicas ou tamaños necesarios.

A A.V.C. Casco Vello resérvase o dereito de organizar exposicións públicas con todos ou
parte dos cartaces presentados ao concurso, en local, datas e horas que se determinarán. Neste
suposto, os cartaces deberán ser retirados polos propios autores ou persoas que os representen,
no prazo de 30 días naturais seguintes ao da clausura da exposición.
A selección das obras que se inclúan na exposición será realizada polo xurado do concurso.

Composición do xurado:
Presidente: A Responsable de Cultura da A.V.C. Casco Vello
Vocal: Xesús López Concelleiro de Cultura
Secretario: Técnico/a da propia A.V.C. Casco Vello

O presidente queda facultado para resolver en caso de empate así como para as
eventualidades que poidan xurdir.
A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha das súas bases. A
decisión do xurado é inapelable.


Descargas:
Descargar Archivo Bases do Concurso