Será un dos eixos fundamentais das celebracións do aniversario. Por vez primeira en Vigo, poderanse admirar obxectos e documentos ata o de agora nunca vistos na cidade; as armas que o imperio francés empregou na contenda, os uniformes de combate das diferentes unidades, documentos inéditos sobre a Reconquista de Vigo e a posterior batalla de Ponte Sampaio son algúns dos obxectos que serán amosados na exposición. Todas as pezas proveñen de algúns dos máis prestixiosos museos racionáis coma o Museo Naval de Madrid, o Arquivo Histórico Nacional, o Museo Militar Rexional de A Coruña, e o Museo Diocesano de Vigo-Tui.
Tan importante exposición establecerase nunha sede emblemática para a cidade como é o Museo Municipal Pazo Quiñones de León dende o 6 ao 31 de marzo de 2009.
Exposicion






