Introducción
O 28 de marzo de 1809, un levantamento popular permitiu recuperar Vigo da ocupación das tropas napoleónicas. Máis de 1.400 soldados imperiais foron feitos prisioneiros. E, desde a vila olívica, organizouse despois unha ofensiva en toda Galicia que levou á retirada definitiva do exército de Napoleón.
Este feito histórico, que os vigueses conmemoran como "A Reconquista", tivo gran transcendencia. Localmente, gañou para Vigo o título de "cidade", concedido pola ReXencia, un paso máis no desenvolvemento do que hoxe é unha poderosa área metropolitana de medio millón de habitantes. Para os exércitos de Napoleón, foi a primeira ocasión na historia en que debían retirarse dunha praza conquistada. Tras a resistencia e as revoltas en Zaragoza, Girona ou Madrid, que se saldaron con derrotas, este primeiro éxito anunciaría a posterior Batalla de Ponte Sampaio, na que os galegos vencen ao exército imperial do mariscal Ney.
No segundo centenario da "Reconquista", Vigo acolle este Congreso que pretende axudar a interpretar os motivos e consecuencias, a transcendencia en definitiva deste acontecemento, no marco das guerras napoleónicas e das transformacións sociais, políticas e económicas que afectaron a Europa no albor do século XIX.
Lugar
Centro Social Caixanova ( 12-13 Marzo )
Xoves 12 de Marzo
Xornada 1:
11:00 - 11:30 Inauguración
Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega
Santiago Domínguez Olveira, Tenente de Alcalde do Concello de Vigo
Prince Charles Napoleón, Presidente da Federación Europea de Cidades Napoleónicas
11:30 - 12:00 Café
12:00 - 13:00 "A Guerra de España e as políticas europeas de Napoleón"
Prince Charles Napoleón, Presidente da Federación Europea de Cidades Napoleónicas
13.00 - 13.30 Coloquio
16.00 - 17.00 "O pobo na Guerra de Independencia Galega"
Xosé Ramón Barreiro, Presidente da Real Academia Galega
17.00 - 17.30 Coloquio
17.30 - 18.00 Café
18.00 - 19.00 "As guerras Napoleónicas coma un choque de Imperios"
Mike Rapport, Doutor en Historia, Universidade de Stirling
19.00 - 19.30 Coloquio
19.30 - 20.30 "Dende Vigo a Castro Urdiales: a participación británica na guerrilla do norte de España"
Charles Esdaile, Profesor de Historia, Universidade de Liverpool
20.30 - 21.00 Coloquio
Venres 13 de Marzo
Xornada 2:
11:00 - 12:00 "A guerra en Portugal. A axuda portuguesa na Reconquista de Vigo"
Nuno Correia Barrento de Lemos Pires, Tenente Coronel Exército de Portugal
12.00 - 12.30 Coloquio
12:30 - 13:30 "O descubrimento e traslado do arquivo de Martin de Garay, Secretario Xeral e de Estado da Xunta Central. A súa transcendencia histórica"
Nuria Alonso, Doutora en Historia
13.30 - 14.00 Coloquio
16:00 - 17:00 "A intervención británica: a axuda material en Galicia"
Alicia Laspra, Universidade de Oviedo
17.00 - 17.30 Coloquio
17.30 - 18.00 Café
18:00 - 19:00 "Contrainsurxencias e o seu desenvolvemento en Europa"
Michael Broers, Universidade de Oxford
19.00 - 19.30 Coloquio
19:30 - 20:30 "Algúns aspectos da guerra de Galicia occidental e Chalot en Vigo, vistos dende Francia entre xaneiro e maio de 1809"
Jean Rene Aymes, Universidade de La Sorbonne
20.30 - 21.00 Coloquio






