Efemerides

16 de Xaneiro 1809


Batalla de Elviña, en A Coruña. Morre nela Sir John Moore, ferido por un canonazo francés.

17 de Xaneiro 1809


Os ingleses embarcan de volta ao seu país.

19 de Xaneiro 1809


O xeneral Alcedo entrega A Coruña aos franceses, sen presentar batalla.

21 de Xaneiro 1809


Réndese Ferrol. A división Craufurd trae a Vigo a nova destas rendicións.

23 de Xaneiro 1809


Créase a Xunta de Defensa de Vigo e noméase alcalde a Francisco Xavier Vázquez Varela.

3 de Xaneiro 1809


Sir John Moore entra en Galicia co exército inglés, perseguido polos exércitos napoleónicos dos mariscais Ney e Soult.

30 de Xaneiro 1809


Réndese a praza de Vigo ante tres escuadróns do xeneral Franceschi, que deixa como comandante a Jacobo Antonio Chalot.

14 de Febreiro 1809


O abade de Couto (A Cañiza), Mauricio Troncoso y Sotomayor, enfróntase en Crecente á cabalería francesa, facéndolle 15 mortos e 51 prisioneiros, ademais de roubarlle numerosos cabalos.

O abade de Valadares, Juan Rosendo Arias Enríquez, e o alcalde de Fragoso, Cayetano Parada y Pérez de Limia, comezan a levantar ao pobo contra os franceses.

2 de Febreiro 1809


Entrégase Tui. Noméase comandante xeral da provincia de Tui ao xeneral La Martiniere.

Marzo 1809


Don Joaquín Tenreiro Montenegro levanta a comarca de Vigo contra os franceses. Contacta con Juan Bautista Almeyda y Sousa, un portugués que se suma á rebelión.

12 de Marzo 1809


En Zamáns, as tropas de Tenreiro se atopan coas do abade de Valadares e as do abade do Fragoso. Decídese reconquistar Vigo.

12 de Marzo 1809


12-19 de marzo: Comezan as escaramuzas en torno a Vigo. Varios "trozos" sitúanse nos altos da cidade, os máis importantes na zona de Puxeiros, dende a que se domina todo o val do Fragoso e A Salgueira.
Por mar, encárganse do asedio as fragatas inglesas "Lively" e "Venus", xunto a embarcacións de Cangas e de todo o Morrazo, para evitar unha posible fuxida dos franceses.

16 de Marzo 1809


O capitán Pablo Morillo preséntase en Zamáns ao abade de Valadares. É o comisionado pola Junta Suprema para coordinar a loita no Sur de Galicia.

20 de Marzo 1809


Estreitase e refórzase o cerco con 500 paisanos do Morrazo, que desembarcan en Bouzas, protexidos polas fragatas inglesas.

20 de Marzo 1809


Horrible crime nunha taberna (a de Juana Rial), cando soldados franceses matan a tres paisanos a sangue frío e logo os enterran baixo a area da beiramar.

21 de Marzo 1809


Envíase coma novo emisario a Joaquín Tenreiro Montenegro, que ameaza con pasar a toda a guarnición a coitelo se non se renden.

23 de Marzo 1809


Chegan novas de que se achegan reforzos franceses, polo que se envía a dous mil homes, ao mando de Almeyda, a Pontesampaio, para entablar batalla, namentres o abade de Valadares mantén o sitio de Vigo.

25 de Marzo 1809


Chalot ordena abrir as portas da cidade para que poidan saír os veciños a tentar de aprovisionarse. Hai grandes rexistros nas portas para evitar que entren ou salgan armas.

O capitán Pablo Morillo retorna a Zamáns para incorporarse ó asedio. Leva canda el ó capitán de granadeiros Bernardo González "Cachamuíña" e uns 600 homes.

Morillo faise proclamar coronel, con gran división de todos os xefes da rebelión. O motivo deste ascenso improvisado é que Chalot non se renderá ante un oficial de menor graduación.

26 de Marzo 1809


Tenreiro volve parlamentar con Chalot, quen promete contestar da súa rendición ás 12.00 horas do día seguinte. Morillo, namentres, ignora a todos e comeza a traballar pola súa conta.

27 de Marzo 1809


Negóciase a capitulación entre Chalot e Morillo, a bordo dun buque inglés. Morillo da un prazo dunha hora para renderse a Chalot, mentres o pobo está inquieto e levatisco, desexando entrar en combate.

27 de Marzo 1809


20.30 horas: Comeza o combate.

Carolo, un mariñeiro do Berbés, cae morto cando tentaba derrubar cunha machada a porta da Gamboa.

Cachamuíña resulta ferido con catro balazos cando toma a machada de Carolo para derrubar a porta da Gamboa.

Morillo, namentres, tenta deter o asalto, pois a capitulación dos franceses xa está firmada.

22.00 horas: Morillo consegue facerse escoitar. Cesa a batalla. Os franceses logran entregar as súas capitulacións e acórdase a entrega da praza para o día seguinte.

28 de Marzo 1809


Forman as tropas de Morillo, xunto ás do abade de Valadares e as de Joaquín Tenreiro no Areal. As tropas francesas saen das murallas desfilando. Trátase de 46 oficiais e 1.213 sarxentos, cabos e soldados. Todos son embarcados en buques ingleses para a súa evacuación.
Pouco despois, os vigueses toman o forte do Castro, onde había outros 600 franceses acuartelados.

Chegan as tropas do xeneral La Martiniere desde Tui, pero son rexeitadas. De 450 soldados franceses, só regresan á cidade do Miño uns cincuenta.

Tras a Reconquista: Bernardo González "Cachamuíña" é nomeado Gobernador da praza de Vigo.

Joaquín Tenreiro Montenegro será nomeado Conde de Vigo.

O Consejo de Regencia concederá a Vigo o titulo de "cidade", co lema "Fiel, leal y valerosa".