Vigo comezou a celebrar a Reconquista desde o ano seguinte á súa victoria sobre os invasores napoleónicos.
Estes festexos estiveron nun principio relacionados co Cristo da Victoria, que se sacaba en procesión pola cidade.
Algúns anos, a data de celebración nada tiña que ver cos feitos históricos. Así, en 1866, foi o 1 de xuño, cun programa que incluía concertos, xogos florais e un espectáculo de fogos de artificio.
A finais do século XIX, a festa pasou ao día primeiro de agosto, coincidindo coa do Cristo.
No ano do centenario colocouse unha placa de bronce na rúa Victoria, xunto á Porta da Gamboa, e se bautizaron rúas cos nomes de "Cachamuiña" e do alcalde Vázquez Varela. Ese 1909, se fabricaron tamén medallas conmemorativas e houbo diversos bailes populares.
Hai un século xurde tamén a idea de erguer un monumento aos heroes da Reconquista, pero o proxecto non chegará ata 1921. Nosa nos seguintes, a falta de financiamento demora a obra, que non será inaugurada ata 1947, en que se sitúan a praza de España.
Máis tarde, cando o productor cinematográfico Cesáreo González dona unha fonte con xogos de luces para a praza de España, o monumento aos heroes da Reconquista é trasladado. Hoxe está situado na praza da Independencia.
Tamén é nos anos corenta cando se decide que a festa se celebrará sempre cada 28 de marzo, coincidindo coa rendición dos ocupantes franceses. A iniciativa é da asociación Centro de Hijos de Vigo, e perdurará ata os nosos días.
Hoxe, a Asociación de Veciños do Casco Vello deu novo pulo á celebración, tras a súa iniciativa de facer unha representación da batalla, na que participan miles de vigueses polas rúas do Vigo Vello.
Ademais, coincidindo coa festa, o Concello entrega os premios aos Vigueses Distinguidos, xunto coa Medalla da Cidade.
Edicións Anteriores






