A reconquista

1809: A primeira celebración da Reconquista foi na igrexa de Santa María, o 29 de marzo de 1809, cun "tedeum" diante do Cristo da Victoria, nome que xa tiña a imaxe desde o século XVIII

1833: A festa da Reconquista celébrase xunto a da patroa, Santa María, e a do Cristo da Victoria.

1866: A festa pasa ao primeiro de xuño, con oficios relixiosos, aos que se engaden certames poéticos, concertos e xogos de lucería.

1899: O 28 de marzo convértese no día da Reconquista, cun gran desfile no que marchan os descendentes dos paisanos que retomaron a vila, levando as bandeiras das "alarmas", as unidades populares dos barrios e parroquias viguesas.

1900: A festa pasa a celebrarse o primeiro domingo de agosto, xunto coa do Cristo da Victoria.

1909: O centenario da Reconquista festéxase con grandes actos. Na rúa da Victoria, colócase unha placa conmemorativa. Os próceres locais adican rúas aos heroes vigueses, o alcalde Vázquez Varela e Cachamuíña, entre outras.

1921: Colocan a primeira pedra do monumento "Aos heroes da Reconquista". Pero a morte do escultor González Pola pon en perigo o remate da obra. Rematarase nos anos seguintes, con novas aportacións.

1947: Remata o monumento "Aos heroes da Reconquista", que pasa por diferentes emprazamentos ata ocupar hoxe a praza da Independencia.

1948: O Centro de Hijos de Vigo, unha organización local destinada a favorecer os intereses vigueses, propón que a festa sexa sempre o 28 de marzo, na propia data de liberación. A iniciativa triunfa e seguirá así ata os nosos días.

Século XXI: Por iniciativa da Asociación de Vecinos do Casco Vello institúese unha grande celebración da Reconquista, coa representación da loita polos veciños, ataviados con roupas de época. O éxito acadado é de tal magnitude que a festa se converte na amáis importante da cidade.